Comparto esta publicación xa que nela hai tres videos que me impactaron ó velos xa que retrata como un neno/a pode sufrir frente a un maltrato ou abuso. Todo o que poden chegar a perder, o cal recibe o nome de infancia, a súa nenez. Os nenos/as que foron ou son maltratados ou abusados sexualmente acaban perdendo a súa infancia polo mero feito de que eles non van delatar a persoa xa que a maioría das veces ou é porque pensan que é correcto todo o que lle fan ou por medo. Un neno/a canto antes reciba axuda antes o poderá superar porque se eses nenos/as nunca reciben axuda nunca o poderán superar porque acaba sendo un trauma psicolóxico que deixa pegada.
Hai nenos/as que intentan ser invisibles polo feito de cando a persoa que lle está facendo dano intentar vela o menos posible ou agocharse para non ser visto.
Todo isto fainos ver que a un neno/a canto antes lle detectemos un abuso, desa maneira estarémoslle axundando a que non teña que cargar toda a vida con eso.
ENLACE:
https://elpais.com/economia/2017/11/21/publizia/1511279484_575449.html
ZAIRA IGLESIAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario