viernes, 30 de marzo de 2018

Se busca!

Ola Piña. Onte vin estas imaxes que penso que mostran moi ben as formas de secuestrar a un cativo ou cativa e quería compartilas con vós porque como educadores e educadoras, tamén temos que ensinar a previr estas situacións.
Sempre houbo casos nos telexornais de nenos e nenas que se perden ou son secuestrados. Sen embargo, paréceme que cada vez é algo mais frecuente. Non sei a que se debe ese aumento de nenos e nenas desaparecidos pero si sei que moitos deles poderíanse previr se lles ensinásemos a detectar cando estan sendo secuestrados/as e tamén se nós, como persoas alleas, o identificamos.

1. Se escoitamos a un neno ou nena chamar ao adulto co que se atopa señor ou señora ou algún apelativo que non sexa familiar, achégate a preguntar.


2. A policía real pregunta primeiro polo pai ou nai do neno ou nena, non o/a leva á comisaría.


3. Entre rapazas adolescentes, o método mais frecuente é o de ofrecerlles ser modelo ou a imaxe dalgunha marca prestixiosa completamente falsa.


4. Algúns poñen a proba o valor dos cativos/as fronte aos seus amigos/as para montalos en vehículos sen rumbo.


5. Os secuestradores utilizan numerosos métodos para convencer aos cativos/as: agasallos, doces, incluso viaxes en autos de luxo a lugares bonitos.


6. Algúns utilizan a outros nenos ou nenas para levar a cabo o secuestro. Este, penso que é o mais difícil de previr.


7. Temos que ensinar aos cativos e cativas a non irse con ninguén que non sexan a súa nai ou pai, ou algún familiar moi cercano


8. Outra modalidade é a de ofrecer peluches ou lambetadas que sabemos que son  do gusto de todos os nenos e nenas.


9. Cando estamos cos cativos e cativas no parque, hai que ter conta de quen os mira con frecuencia e sospeitosamente.



10. Moitas veces vemos a nenos ou nenas resistíndose a ser levados por un adulto e pensamos que é unha rabieta e non preguntamos ou miramos ben que sucede.


11. Algúns, aprobeitan que aos cativos e cativas lles gustan os animais.




Rey López, Iván

No hay comentarios:

Publicar un comentario