miércoles, 30 de mayo de 2018

A importancia dos contacontos na infancia.





A IMPORTANCIA DOS CONTACONTOS NA INFANCIA.


Resultado de imagen de cuentacuentos



Narrar unha historia a un neno ou nena  é unha actividade de gran valor intelectual, cognitivo e emocional que cada educador ou educadora debe poñer en práctica. Ademais de todo isto, é unha boa forma de crear complicidade e fortalecer os lazos afectivos entre os nenos e nenas e os educadores/as .

Sen dúbida, para moitos de nós, o ritual dos nosos pais e nais, avós ou avóas para ler unha historia é un dos recordos máis entrañables da nosa infancia.


Os contacontos para as crianzas son  importantes xa que poden aportan moitos beneficios é momentos entrañables e máxicos. Algúns dos beneficios que poden aportar:


ü As historias dos contos estimulan a fantasía, a sensibilidade, a memoria e a expresión.
ü Axudan a desenvolver a linguaxe, ampliando vocabulario, novos modelos expresivos e disipando dúbidas sobre a construción gramatical, ademais de despertar o intelecto, aumentando a percepción e a capacidade de comprensión.
ü Os nenos e nenas  aprenden a escoitar atentamente e a ser pacientes, elementos esenciais para a aprendizaxe.
ü Os contos melloran o coñecemento espacial-temporal (onde e cando isto ocorre, o que ocorre antes e despois ...).
ü Foméntase a empatía.
ü Transmiten valores como a perseveranza, a amizade, a modestia, a honestidade, a lealdade, etc.
ü Ensinan a identificar emocións como o medo, o amor, a frustración, a ira, a envexa ou o desexo.
ü O neno ou nena identifícanse con personaxes e situacións nas historias, o que o axuda a afrontar retos e temores cunha visión máis ampla. Tamén facilita a resolución de problemas.






Alguns dos meus favoritos ☺️:



Resultado de imagen de cuento abrazame     





   
                                             
                                            
                                    Resultado de imagen de cuento lua                                   







MACARENA FERNÁNDEZ MONTEMUIÑO

1 comentario:

  1. Betway US Casino NJ Review & Promo Code - JTM Hub
    This Betway NJ 광명 출장샵 bonus code gives the 경주 출장샵 player a 100% match up to $1,001 in 제천 출장샵 free bets. Players who sign up and make their first 논산 출장마사지 deposit receive 경기도 출장마사지 a 100% match up

    ResponderEliminar