viernes, 4 de mayo de 2018



Ola chic@s, despóis de comentar Leandro esta nova na clase ao día seguínte apareceu no xornal.

O Tribunal Supremo determinou que basta con que os fillos e fillas escoiten como sua nai é vítima dunha agresión machista polo seu pai, parella ou ex-parella para que os xuíces condenen ao autor con unha pena superior, ao poder impoñerlle o agravante que recolle o Código Penal polo feito de actuar "en presencia de menores".
       A Sala do Penal do alto tribunal fixa esta doctrina ao rechazar o recurso de casación dun agresor que reclamaba que se lle retirase o agravante do delito da súa condena porque cando golpeou a súa muller e lanzóuna contra unha cama, o que lle produxo contusións, a escea non foi vista diretamente polos seus fill@s, que sí estaban nese momento no interior da vivenda, pero non no cuarto onde ocurríu a agresión.
       O Supremo desatende a reclamación deste condenado en sentencia firme e aproveita a súa resolución para estender o alcance deste agravante da violencia machista. A sala indica que o aumento da sanción penal por actuar "en presencia de menores" non pode quedar restrinxida ás ocasións nas que haxa unha "percepción visual directa" da violencia por parte dos fill@s, senon que tamén " a de estenderse ás percepcións sensoriais doutra índole que lles posibiliten ter conciencia de que se está a executar unha conduta agresiva de feito ou de palabra propia dunha escena de violencia".
       O ponente entende que "a expresión en presencia non se ten que interpretar no sentido de que os menores teñen que atoparse físicamente diante das persoas que protagonizan a escena violenta, de modo que o menor poida ter unha percepción visual directa delas". Destaca que en moitos casos os menores non se atopan dentro do cuarto de seus proxenitores que realizan as escenas violentas, "pero escoitan e son plenamente conscientes do que está a suceder".


Pili González Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario