sábado, 24 de febrero de 2018

El arduo camino de los niños y adolescentes transexuales en España



El arduo camino de los niños y adolescentes transexuales en España

El reciente suicidio del joven Ekai en Ondarroa vuelve a cuestionar la lentitud del sistema para adaptarse a las necesidades sanitarias, sociales y legales de este colectivo.


Noticia del periódico "EL PAÍS" 23/02/2018 enlace:


Núria Gil.

jueves, 22 de febrero de 2018

Unha nai descubre que a súa filla fai bullying

Boas noites, vin esta noticia no Twitter e pareceume interesante, pois estamos acostumadas a falar das víctimas cando nos referimos ao acoso e non dos/as acosadores/as.
Neste caso é a nai dunha rapaza que acosa a outra a que publica na rede social o acontecido. Paréceme unha boa decisión facelo público porque pode axudar a outras víctimas de acoso escolar, contando como a súa filla sendo consciente do que é o bullying deixa que aconteza. Como a mesma rapaza di "todo pasou sen que nos deramos conta".
Nós temos nas nosas mans ás pequenas e ós pequenos que nun futuro poden sufrir ou causar o acoso. Temos a responsabilidade de facerlles ver a consecuencias dos seus actos ofrecéndolles sempre o noso cariño para que se sintan queridos e queridas e así poidan valorarse, a ser solidarios/as cos e cas demais. Nós podemos contribuir a que isto non siga sucedendo.

https://verne.elpais.com/verne/2018/02/16/articulo/1518793049_673196.html


Tamara Freire

A pobreza infantil concéntrase no suroeste de Madrid e combatela require máis "coordinación" e "innovación".

  Na maioría dos casos de pobreza dáse por herdanza, saltando de xeración en xeración sen que os/as pais/nais o queiran para os/as seus/súas fillos/as. É o caso do barrio máis pobre de Madrid, San Cristóbal de los Ángeles, que contan coa tasa de paro máis alta e renta máis baixa da capital.

  O programa CaixaProinfancia da Obra Social 'La Caixa' nace co obxectivo de loitar contra a probreza infantil en España a través de reforzo educativo para garantir o seu acceso a oportunidades educativas de calidade, axudando así a mellorar os seus procesos de inclusión na sociedade e na súa autonomía. Diríxese a familias con menores de entre 0 e 18 anos en situación de pobreza e exclusión social. A través destas actividades queren axudar a romper o círculo da pobreza herdada, que os/as nenos/as reciben dos seus proxenitores.

http://www.lavanguardia.com/local/madrid/20180221/44955671928/pobreza-infantil-normaliza-sureste-madrid.html







Miriam Antelo Miguéns

miércoles, 21 de febrero de 2018


Arrolo de domaio: do libro-disco "Non hai berce coma o colo.


Quero compartir con todos e todas vos este video que desde a primeira vez que o vin xa me gustou, E  un día na casa atopeino de casualidade, polo que me fixo moita ilusión. Tamén debido a que se puxo tamén nun dos módulos, Quixen compartilo para quen o queira escoitar con tranquilidade,


ARROLO DE DOMAIO: do libro-disco "Non hai berce coma o colo"

Fátima Puente López

sábado, 17 de febrero de 2018

Ola Piña, o día 14 de febreiro vin esta nova na Voz de Galicia e a verdade é que me chamou a atención. Compartoa con vos.

OS MITOS ROMÁNTICOS PODEN XERAR VIOLENCIA DE XÉNERO ENTRE OS MOZOS.

A maioría dos mitos románticos relegan á muller a un plano secundario, no que o home ten o deber de protexela ou sometela, segundo sinala un  estudio da Universidade de Granada. A investigación indica que o 86,3 % dos mozos e mozas pensa que non se pode ser feliz sen unha parella e mostra que estos mitos acéptanse entre a poboación moza, na que está a  aumentar os casos de violencia de xénero.

       Investigadores das facultades de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Granada advirten do perigo que leva a aceptación de determinados mitos románticos entre os mozos e as mozas, e cómo estos poden dar lugar a casos de violencia de xénero.

       O estudio avalía a interiorización  dos falsos mitos do amor romántico en mozos e mozas de idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Así, segundo a enquisa realizada a 153 mozos e mozas de ditas idades, arredor do 70% deles e delas cree que "o amor todo o pode", "só existe unha media laranxa para mín" e "o amor é cego", o que reflicta que estos mitos románticos están moi arraigados entre os mozos e as mozas.

       Ademáis, só o 13,7% dos participantes cree que pódese chegar a ser feliz sen ter unha relación, fronte a un 86,3% que opina que non. O profesor do departamento de Psicoloxía Social da Universidade de Granada J Miguel García Ramírez, que dirixe este proxecto de investigación advirte que "o principal problema é que estos mitos consolídanse entre as mulleres e a mesma vez poténcianse nos homes". Segundo o estudio, apoiado nas enquisas, os falsos mitos do amor romántico promoven o machismo e poden chegar incluso a xerar casos de violencia de xénero.

Pili González Iglesias.




        

lunes, 12 de febrero de 2018

TRABAJADORES DE ONG BRITÁNICA ACUSADOS DE ABUSOS SEXUALES


Ola Piña, hoxe hei leido unha noticia que fai referencia ás ONG británicas que é ..., ben non se como cualificala, e é que máis de 120 traballadores de ONG británicas foron acusados de abusos sexuais en 2017. 

Pásovos o enlace da noticia. 


Núria Gil

domingo, 11 de febrero de 2018

Hoxe é o 11 de febrero,día internacional da muller e da nena na ciencia. A asamblea Xeral das Nación Unidas decide proclamar este día co fin de lograr o acceso e a participación plena e equitativa na ciencia para as mulleres e as nenas, e ademáis para lograr a igualdade de xénero e o empoderamento das mulleres e das nenas na ciencia.

Insta a que se asuma o compromiso de poñer fin aos prexuizos, a que se invirta máis na educación para todas as mulleres e as nenas e a que se lles ofrezan oportunidades de mellorar as súas perspectivas de carreira e ó seu desenvolvemento profesional ao máis longo prazo, para que todas as persoas poidan beneficiarse das súas innovadoras contribucions no futuro.

Deixovos este video que explica moi ben , que non se trata de una percepción se non de una discriminación das mulleres na ciencia.



Teresa Sebe Seijo.

viernes, 9 de febrero de 2018

Cuentos sin hadas: La historia de Ivine y Almohada | UNICEF






El “viaje de Ivine” desde Siria es un Cuento sin hadas que un/a niño/a jamás debería

imaginar ni mucho menos afrontar.



Núria Gil

jueves, 8 de febrero de 2018


 MEDIACIÓN TRAS O ENFADO 

Pareceume intesante compatir este vidio con vos, porque para min vese moi ben reflexado que cando hai endados entre nenos e nenas na escola. Neste caso por o lugar donde sentar entre E e M.
M queria sentarse ao lado de V, pero E interpuxose entre el e V, inda que a educadora lle pregunta porque se quere sentar ahi,M vaise decindo que non ten amigos/as pero o educador dille que todos son os seus amigos e amigas, pero el vaise igual para a zonas de xogos, ao final un compañeiro e bo amigo vai na sua busqueda de M e preguntalle porque non volve a donde estan todos e porque está triste... e explicalle que eles son compairos e amigos e que si ten amigos, mediante un exempo ," K dille somos compañeiros azuis" así convence de que volva arriba a disfrazarse con todos e todas.
Con isto, vin que se lle damos un minutos os mesmo nenos e nenas medían entre compañeiros e compañeiras.
Vidio: "Mediación tras o enfado" / La vida secreta de los niños






Silvia Otero



MALTRATO ENTRE IGUAIS



Ola, hoxe quero compartir con todos/as vós unha noticia que  lin na "Voz de Galicia" , relacionada con este tema tan importante que estamos a traballar na clase sobre o maltrato a infancia, e que me deixou moi impactada.
A noticia, fala duha presunta agresión sexual a un neno de 9 anos  cometida por outros nenos de idades comprendidas entre os 12 e os 14 anos, tamén comenta a noticia que os feitos poderían haber ocorrido  no propio centro.

Enlace á noticia:
https://www.lavozdegalicia.es/noticia/espana/2018/02/08/investigan-presunta-violacion-nino-9-anos-parte-companeros-mayores-colegio-ubeda/00031518074332517243892.htm


Yolanda Carballal

miércoles, 7 de febrero de 2018

Taboleiro presentado na aula da  Escola Infantil Verdegaia. Modelo de taboleiro dunha Escola Infantil.


















 Realizado por: Teresa Sebe, Yolanda Carballal, Tamara Freire , Macarena Montemuiño, Miriam Cabanas e Nuria Gil.

martes, 6 de febrero de 2018

Estados Unidos, nenos/as de refugallo.

Quero compartir con todos/as vos este documental que vin o ano pasado e que agora o volvín a lembrar. Trata sobre a reasignación do fogar de crianzas nos Estados Unidos, nenos/as que foron adoptados por unha familia e ésta cando se cansan colgan anuncios en internet para desfacerse deles/as, ao igual como se se tratase dun obxecto. Houbo casos de pederastas e persoas que xa lle foran retirados/as os/as seus/súas fillos/as polos servizos sociais e readoptaron a outros/as nenos/as a través destas páxinas. Os/as nenos/as que son readoptados moitas veces pasan por moitos fogares xa que sofren abusos e maltratos nas súas novas familias.
https://gloria.tv/album/fGLYGw2xjosD1Fd48eiTGYHvq





Miriam Antelo Miguéns.

lunes, 5 de febrero de 2018

Fai uns días atopeime con esta noticia a cal quero compartir con todos e todas, xa que no curso pasado, vimos a película Entre lobos. a cal vola recomendo.

O neno lobo de Sierra Morena vive en Galicia e precisa axuda

A asociación Amigos das Árbores da Limia impulsa varias actividades para recoñecer a figura de Marcos Rodríguez Pantoja, que hoxe ten 72 anos

Non é preciso ir ata Disney nin ler a Kipling. A poucos quilómetros do centro de Ourense vive desde hai xa bastantes anos un Mowgli cunha vida moito máis real e crúa. E ten nome, tamén real: Marcos Rodríguez Pantoja. Hoxe xa conta 72 anos. E 12 deles pasounos sen contacto algún con humanos, protexido polas mandas de lobos de Sierra Morena, entre La Mancha e Andalucía. Un neno lobo.

A súa historia é bastante coñecida, e máis desde que en 2010, o director Gerardo Olivares levara a súa vida ao cine no filme Entrelobos. Marcos naceu en 1946 en Añora (Córdoba) e a súa vida xa foi dura dabondo antes de ter que vivir só no monte. A súa nai morreu cando era neno, o seu pai casou de novo e a nova nai levábao a base de paus. Acabaron abandonándoo, ou vendéndoo – esta parte da súa biografía non queda clara –, e empezou a coidar dun rabaño de cabras ao outro lado da Sierra Morena, xa en Ciudad Real, acollido por un pastor, ata que perde contacto con calquera vínculo humano e bótase ao monte.

Desde os 6 ata os 17 anos, aproximadamente, estivo sobrevivindo entre lobos, protexido pola manda. Non fixo esforzos por volver ao mundo humano, porque para el, ese era un mundo hostil. Cazando, pescando, e medrando en plena natureza. Gran parte da infancia, a adolescencia e a xuventude sen ningún tipo de estímulo social; unha eiva que deixou unha pegada definitiva no seu desenvolvemento. En 1963, unha persoa viuno gabear polas rochas e deu aviso á Garda Civil, que o recolleu do monte.

Comezou entón un difícil proceso de reinserción na sociedade, lastrada polo tempo que pasou illado. Apenas sabía falar, camiñaba a catro patas, descoñecía a maioría das convencións sociais. “As estruturas do seu pensamento creceron a un ritmo diferente e dunha forma distinta de como o fixesen no seo da sociedade”, o que amosa unha evidente “problemática da irreversibilidade dunhas determinadas aprendizaxes cando estas se produciron – ou non – durante os anos cruciais da vida”, expuxo nunha ampla investigación o catedrático de Antropoloxía Gabriel Janer, que estudou durante anos a vida de Marcos.

O que fora neno lobo, xa maior, percorreu varias zonas de España na súa nova vida. Estivo nun asilo en Madrid, viaxou a Mallorca en busca de traballo, e finalmente, tras varias idas e voltas, acabou en Fuengirola, onde o atopou un galego que lle ofreceu unha casa que tiña nunha aldea ourensá. En Galicia vive desde entón, moi ben integrado cos veciños da aldea. Conversa con eles, fai rutas polo monte, dá charlas en centros educativos e colabora con iniciativas en defensa do lobo, o que foi o seu compañeiro durante tanto tempo.

“Que se sinta útil”
E agora, Marcos precisa axuda. “Vive só, nunha pequena casa prestada por un veciño, e conta cunha pequena pensión non contributiva”, explica Xosé Santos, da asociación Amigos das Árbores da Limia, que iniciou unha campaña para botarlle unha man. “A casa é moi fría, e hoxe vaina quentando cunha estufa de butano, pero estamos axudándolle para comprar unha pequena caldeira de pellets“.

Unha das primeiras iniciativas para botarlle unha man a Rodríguez Pantoja terá lugar este venres en Xinzo de Limia. A partir das 20 horas, no café-libraría Itaca, proxectarase a película Entrelobos, e a continuación haberá unha palestra na que Marcos responderá ás cuestións dos presentes sobre a súa vida como neno lobo. Alén disto, poñeranse á venda diversos obxectos para sufragar a axuda a Marcos.

Porén, tal e como sinala Xosé Santos, “a mellor maneira de axudar a Marcos e intentar que se sinta útil e aportando o seu saber á sociedade. El é feliz contando a súa historia aos nenos e aos maiores, concienciando á xente da importancia de protexer ao lobo e á natureza en xeral”. Por isto, Amigos das Árbores xa ten en mente máis proxectos para recoñecer a importancia do testemuño de Marcos, como un dos poucos casos estudados de neno lobo que hai no mundo.


Fátima Puente López

ARROLO DE DOMAIO: do libro-disco "Non hai berce coma o colo"



OLA PIÑA ESPERO QUE VOS GUSTE, BICOS
Núria Gil Estupiñá