sábado, 17 de febrero de 2018

Ola Piña, o día 14 de febreiro vin esta nova na Voz de Galicia e a verdade é que me chamou a atención. Compartoa con vos.

OS MITOS ROMÁNTICOS PODEN XERAR VIOLENCIA DE XÉNERO ENTRE OS MOZOS.

A maioría dos mitos románticos relegan á muller a un plano secundario, no que o home ten o deber de protexela ou sometela, segundo sinala un  estudio da Universidade de Granada. A investigación indica que o 86,3 % dos mozos e mozas pensa que non se pode ser feliz sen unha parella e mostra que estos mitos acéptanse entre a poboación moza, na que está a  aumentar os casos de violencia de xénero.

       Investigadores das facultades de Psicoloxía e Ciencias da Educación da Universidade de Granada advirten do perigo que leva a aceptación de determinados mitos románticos entre os mozos e as mozas, e cómo estos poden dar lugar a casos de violencia de xénero.

       O estudio avalía a interiorización  dos falsos mitos do amor romántico en mozos e mozas de idades comprendidas entre 18 e 35 anos. Así, segundo a enquisa realizada a 153 mozos e mozas de ditas idades, arredor do 70% deles e delas cree que "o amor todo o pode", "só existe unha media laranxa para mín" e "o amor é cego", o que reflicta que estos mitos románticos están moi arraigados entre os mozos e as mozas.

       Ademáis, só o 13,7% dos participantes cree que pódese chegar a ser feliz sen ter unha relación, fronte a un 86,3% que opina que non. O profesor do departamento de Psicoloxía Social da Universidade de Granada J Miguel García Ramírez, que dirixe este proxecto de investigación advirte que "o principal problema é que estos mitos consolídanse entre as mulleres e a mesma vez poténcianse nos homes". Segundo o estudio, apoiado nas enquisas, os falsos mitos do amor romántico promoven o machismo e poden chegar incluso a xerar casos de violencia de xénero.

Pili González Iglesias.




        

No hay comentarios:

Publicar un comentario