jueves, 22 de febrero de 2018

Unha nai descubre que a súa filla fai bullying

Boas noites, vin esta noticia no Twitter e pareceume interesante, pois estamos acostumadas a falar das víctimas cando nos referimos ao acoso e non dos/as acosadores/as.
Neste caso é a nai dunha rapaza que acosa a outra a que publica na rede social o acontecido. Paréceme unha boa decisión facelo público porque pode axudar a outras víctimas de acoso escolar, contando como a súa filla sendo consciente do que é o bullying deixa que aconteza. Como a mesma rapaza di "todo pasou sen que nos deramos conta".
Nós temos nas nosas mans ás pequenas e ós pequenos que nun futuro poden sufrir ou causar o acoso. Temos a responsabilidade de facerlles ver a consecuencias dos seus actos ofrecéndolles sempre o noso cariño para que se sintan queridos e queridas e así poidan valorarse, a ser solidarios/as cos e cas demais. Nós podemos contribuir a que isto non siga sucedendo.

https://verne.elpais.com/verne/2018/02/16/articulo/1518793049_673196.html


Tamara Freire

No hay comentarios:

Publicar un comentario