Comparto esta noticia que vin hoxe dunha agresión racista entres menores:
COMO INTERVIR O RACISMO NA AULA
A conduta dun individuo é resultado dunha longa aprendizaxe, para ensinar aos nenos/as para diferenciar entre condutas NON RACISTAS e RACISTAS. Ensinarlles aos nenos/ as a que todos/ as gozan dos mesmos dereitos que calquera outro neno/a, ensinarlles que máis aló da raza, relixión, culturas, costumes… todos somos iguais.
O período máis adecuado para evitar o desenvolvemento de condutas racistas é na infancia. As experiencias adquiridas nesta etapa van repercutir na adolescencia e na forma en que este se enfronte a novas situacións, para cando sexa adulto saiba o que significa o racismo.
- O ensino deberá estar organizada de forma flexible. Trátase de concibir unha escola aberta á diversidade, onde haxa respecto de todos/ as e a cada unha das culturas que a integran.
- Os plans de estudo escolares xogan un papel importante, xa que a través deles pódese coñecer e respectar as distintas civilizacións, culturas e relixións.
- Os medios de comunicación ocupan un importante papel á hora de facilitar a aprendizaxe das condutas. Estes xogan co impacto psicolóxico da imaxe, en función da selección desa imaxe pode desencadear sentimentos e actitudes sociais ou antisociais. Han de evitarse a publicidade con contidos discriminatorios para colectivos ou individuos concretos, pola súa cor de pel, sexo, idade… etc.
- Todos os esforzos por combater e por previr o racismo onde se nutre a aprendizaxe que se deu no seo dunha sociedade determinada.
Para traballar na aula este problema debemos comezar marcando uns obxectivos específicos que son os que guiarán a nosa intervención:
- Coñecer as actitudes racistas do alumnado.
- Coñecer as diferenzas das actitudes racistas en función das afeccións do alumnado.
- Coñecer as diferenzas das actitudes racistas en función do sexo do alumnado.
- Coñecer o autoconcepto do alumnado sobre o racismo.
- Saber o grao de coñecemento sobre o racismo no alumnado.
- Coñecer se os alumnos consideran que os inmigrantes supoñen un colectivo competitivo dentro da sociedade.
- Coñecer as actitudes racistas en función da formación das familias.
- Coñecer a influencia dos medios de comunicación nas actitudes racistas.
- Coñecer o grao de tolerancia entre os alumnos/ as.
- Coñecer o nivel de solidariedade cara aos alumnos/ as inmigrantes.
Desde a escola levan a cabo as seguintes funcións:
- Levar a cabo programas de educación intercultural que permitan o desenvolvemento de actitudes sociais nos alumnos/ as para que leve a cabo unha convivencia pacífica entre grupos pertencentes a distintas culturas.
- Colaboración do alumnado e os distintos profesores/ as para crear actitudes positivas.
- Traballar conxuntamente cos alumnos/ as pero non de forma esporádica senón expondo métodos e plans eficaces, con axuda de documentación e coas persoas relacionadas con este tema, co cal poderían acudir ao centro para dar charlas e dar unha visión máis realista do que supón o racismo e a que nos leva en moitos casos.
- Evitar a formación de prexuízos na medida do posible.
- De forma especial naqueles Centros nos que os alumnos/ as xitanos/ as representasen unha parte da poboación significativa, deberían idearse programas destinados ao establecemento de pautas de convivencia e intercambio de culturas entre a raza paya e a xitana.
Comparto este video no cal se ven os diferentes prexuizos que poden chegar a ter as persoas, neste caso os nenos/as. Neste video pódese ver a percepción que se teñen tanto dos demais como de sí mesmos. Cada neno/a é diferente e iguais a vez xa que todos somos seres humanos.
ZAIRA IGLESIAS
No hay comentarios:
Publicar un comentario