Ola Piña! Fai uns días descubrín a Verónica Pérez Gutiérrez, educadora, acolledora dunha nena e escritora de contos para as crianzas coa temática do acollemento familiar. Actualmente é coordinadora educativa dun dos centros de menores da Fundación Eudes en San Sebastián-Donostia. A súa colección de Cuentos para Haizea, adicado á súa filla de acollida, creouse coa finalidade de mostrar a todos esos/as nenos/as, inmersos en intervencións familiares, centros, casas, pisos de acollida, acollementos familiares, que as súas historias son reais e compartidas por millóns de nenas e de nenos que se transforman en divertidos personaxes e permítenos acercarnos máis a eles/as.
Algúns dos seus contos son:

Onde se conta o paso dun neno ou dunha nena dun piso de acollida a unha casa. Os cambios dannos medo, pero se os facemos acompañados resultan máis doces. Xogamos coa ficción, onde acompañaremos a un amorodo no seu paso de bolsa de lambetadas a castela de chocolate.

Pensado para transmitir ás crianzas: "Se o intentas, xa poderás". Cómpre inculcarlles tranquilidade e paciencia, pois cada crianza poden tardar máis ou menos que outra en adquiren un hábito ou destreza. Se se intenta algo sen rendirse, conseguiráno.

Cando unha nena ou un neno debe de ingresar nun centro de acollida a través do centro escolar. A nosa misión será a de apoialos e proporcionarlles novas oportunidades na saída do seu fogar

Cando unha crianza non pode vivir cos seus proxenitores. Sempre se intenta non afastar o/a menor do seu núcleo familiar, pero algunhas veces, cando nos 2 anos de marxe a familia non cambia, a crianza é enviada a un centro de acollida polos servizos sociais para velar pola súa protección e o seu desenvolvemento integral.

Como vive o acollemento o/a irmá/n de acollida.

Este conto é unha boa ferramenta para explicarlles porque non poden vivir na casa cos/coas seus/súas pais/nais. Como/a educadores/as sérvenos para adentranos nas emocións do/a menor, para que poidan expresarse como se senten, onde o noso papel será o de acompañalos/as.

Trata sobre o reclamo dunha crianza cara a súa nai. A importancia de ter unha figura materna ou paterna, na que o/a menor se sentan apoiados sempre.
Nesta ligazón podedes acceder para adquirir os seus contos en castelán: http://cuentosparahaizea.com/
As súas últimas publicacións son:

Onde se aborda os medos e as dúbidas que os/as nenos/as senten cando lles anuncian e explican que irán a vivir cunha familia acolledora.

Plantea á crianza mediante a metáfora dun parque, a vivencia das visitas. O parque é a testemuña das emocións que unha crianza sente en torno ás mesmas coa familia biolóxica.
Penso que os contos son unha gran ferramenta para explicar ás crianzas temas sensibles ou temas que non nos atrevemos ou non sabemos como contarlles xa que non atopamos as verbas axeitadas. A través da imaxinación e das personaxes que interveñen nos contos fáisenos máis doado abordar dito tema e así eles/as mesmos/as o comprendan dunha maneira máis fácil e preta.
Espero que vos gustase.
Miriam Antelo Miguéns.
No hay comentarios:
Publicar un comentario