sábado, 9 de diciembre de 2017

Bullying

Defínese como o acoso físico e psicolóxico ao que someten, de forma continuada, a un alumno os seus compañeiros. O acoso escolar consiste en dañar a un compañeiro ou compañeira de forma intencionada e repetida, utilizando a violencia verbarl (motes, insultos, ameazas, burlas...) ou física (golpear, empuxar, dar patadas...) Moitos de estes xestos poden ser sociais ou sexuais, que van dende excluir a alguén ou difundir rumores, ata facer tocamentos sen consentimento ou facer burlas do corpo.

Según un estudo realizado pola UNESCO o 20% dos alumnos sufren acoso escolar de forma física ou verbal.
Como futuros educadores debemos tomar conciencia neste asunto e coñecer formas de previr estas situaciones no centro:
  • Educar en dereitos aos nenos e nenas.
  • Incrementar a vixiancia en lugares onde poda darse o acoso. Os acosadores atacan cando non hai un adulto diante, nos patios, nos baños, na entrada e saída da escola, etc.
  • Evitar que a víctima se quede a soas cos agresores para interrumpir inmediatamente o acoso.
  • Propiciar a identificación e superación dos estereotipos e prexuicios para promover relacións baseadas no respeto.
  • Realizar actividades específicas de sensibilización.
  • Desenvolver nos nenos e nenas habilidades persoais de empatía, asertividade, relacións sociais, identificación de situacións de violencia...
Como identificar e actuar frente unha situación de acoso:
  • Non minimizar a gravidade das agresións: non "son cousas de nenos"
  • Informar ao titor ou titora e á dirección do centro.
  • Investigar os cambios inexplicales de estados de ánimo: tristeza, aillamento, comportamentos non habituais, cambios de actitude, lágrimas ou depresión sen motivo aparente...
  • Tratar de actuar o máis rápido posible.
  • Non facer mediación: trátase dunha situación na que existe un desequilibrio de poder, o acto de mediar incremente ese desequilibrio. 
  • Non culpabilizar á víctima nin aos agresores/as. Isto pode aumentar á intimidación e provocar resentimento.
  • Intervir con todo o grupo para que as actitudes negativas sexan rexeitadas por todos e todas.
O acoso ten graves consecuencias en quen o sofre, quen o fai e quen o ve. Os/as espectadores teñen ansiedade, poden sufrir abandono escolar e abuso de alochol e drogas. Os/as maltratadores terán tendencia a ter relacións sexuais tempranas, actividades criminais, maltratar ás súas parellas e abuso de alcohol e drogas. Pero a peor parte, na miña opinión, lévana ás víctimas. Estes nenos e nenas teñen consecuencias a corto prazo:  tendencia a empeorar o rendimento escolar, sufrir depresión ou ansiedade, ter pensamentos suicidas...; e a longo prazo, de maiores terán dificultades para confiar noutra xente, evitarán situacións sociais, fobia social, baixa autoestima, desexos de venganza e incluso, suicidio.
Pero non todo é negativo. Son moitos os casos de nenos e nenas que conseguirón saír adiante tras vivir unha infancia de acoso. 
"Eu logrei superalo ao cambiar de colexio e coicidir cunha titora que estaba moi implicada na loita contra o acoso escolar" 
"A mín acosáronme dende os 3 ata os 17 anos. Creo a tomaban comigo por ser moi introvertido. Supereino grazas a un exercicio de resistencia pura e dura. Agora colaboro nunha asociación chamada NACE (Non Ao Acoso Escolar)"
"No meu caso verbaliceino con rapidez e díxenllo aos meus pais o os meus profesores, pero non lle diron importancia"

Eu quixen falarbos do acoso escolar porque é un tema que a mín tócame de cheo. Pódovos asegurar que a intervención do adulto é fundamental para previr e deter o acoso. Aínda que o/a menor non verbalice o que lle está a acontecer nótase, e mirar a outro lado non é unha solución. Cando nós éramos cativos e cativas, aínda non había conciencia do mal que esta situación supoñía no futuro das persoas. Creíase que eran "cousas de nenos" e non se facía practicamente nada. O acoso é real, haino en todos os centros e en todas as idades. Hay que paralo. Cando vexades unha situación de violencia, é importante actuar ó antes posible. Canto máis tempo dure o acoso, maior é a pegada que deixa. Esa persoa terá problemas sociais toda a súa vida e, aínda que o supere, nunca perderá de todo o medo a que volva a suceder algo similar.

Quero compartir con vós este documento de pautas de actuación para profesores e profesoras para que podades consultado e tamén este vídeo realizado polo CEIP Puente Sardas coa canción do Langui "Se buscan valientes". 


Iván Rey López

No hay comentarios:

Publicar un comentario