Ola, bo día Piña! 👋😄
Hoxe quería compartir esta entrada con todos/as vos para convidarvos a reflexionar sobre os casos dos nenos/as ferais ou nenos/as salvaxe. Si, como ben ledes, OS NENOS/AS SALVAXE EXISTEN! Imaxinádesvos como sería ser criado por lobos, monos, cans ou outros animais? Como sería crecer con eles? Se o que nos ven á cabeza é algunha das películas de Disney, estamos moi equivocados/as. As historias reais de nenos/as ferais ou nenos/as salvaxes non se parecen en nada aos debuxos animados.
A mitoloxía está chea de lendas que evidencian a fascinación por este fenómeno, o cal tamén reflexa unha realidade cruel presente na sociedade dende hai milenios: o abandono de nenos/as. Houbo moitos casos reais de seres humanos criados por animais durante os primeiros anos da súa infancia. Unhas veces por accidente e outras a causa de maldade da sociedade ou porque os/as protagonistas, guiados/as polos seus sentimentos, buscaban escapar do que estaban sometidos/as e atoparon na natureza o afecto que a sociedade lles negaba.
QUE SON OS NENOS FERAIS OU NENOS SALVAXES?
- Os "nenos/as ferais" son aqueles nenos/as que creceron sen ter ningún contacto con humanos, aínda que puideron convivir con outro tipo de animais (monos, lobos...).
- Os "nenos/as salvaxes" son aqueles nenos/as que ao igual que os "nenos/as ferais" non tiveron ningún contacto con humanos pero non foron criados por animais, senón que permaneceron en soidade e aislamento.
Coñécense como "salvaxes" porque cando se lles localiza e despois de pasar tanto tempo alonxados do contacto social non parecen humanos, senón feras.
ALGUNHAS DAS CARACTERÍSTICAS DOS NENOS/AS FERAIS. PROBLEMAS DE DESENVOLVEMENTO
vSentidos moi desenvolvidos: Audición, visión nocturno e olfacto moi ben desenvolvido, olfatean todo o que se atopan ao seu paso. En canto ao gusto, adáptanse á alimentación dos animais cos que conviven (por exemplo, carne crúa). No referente ao tacto, non teñen sensibilidade ao frío, choiva ou calor.
vFalta de linguaxe: Como todos sabemos, para relacionarnos a linguaxe é fundamental. Nos nenos/as ferais, un dos maiores impedimentos para adaptarse é que son incapaces de comunicarse. Sen o factor social é imposible que se aprenda a linguaxe e sen a linguaxe non se produce de maneira temperá (0-3 anos) é difícil de producirse.
vComportamento primario.
vCapacidade para imitar e repetir as condutas dos animais cos que conviveu: Por exemplo, os nenos/as que conviviron con lobos tenden a oubear, a comer carne crúa... É por isto tamén que non son capaces de camiñar erguidos/as. Soen camiñar como animais e teñen unha habilidade incrible para correr moi veloces.
vTeñen menos esperanza de vida.
vSen a correcta estimulación social.
vDesenvolvemento mental semellante ao dos animais.
É POBISBLE A REHABILITACIÓN DESTES NENOS/AS CANDO SE ATOPAN?
Inténtase reinsertalos/as na sociedade pero é complicado que aprendan a falar e a relacionarse de forma totalmente civilizada. As súas melloras dependen dos anos que estiveron convivindo nese entorno e se foron abandonados/as a unha curta idade, apenas tendo contacto humano anteriormente.
ALGÚNS CASOS
- Conta a lenda que o primeiro caso que se deu foi duns irmáns xemelgos, Rómulo e Remo, que foron amamantados por unha loba. Partindo deles, fóronse sumando á mitoloxía.
- Víctor de Aveyron. Preadolescente salvaxe atopado na rexión francesa de Aveyron nos últimos anos do século XVIII. O seu caso foi o máis seriamente estudado e o mellor documentado de todos os deste tipo.

- A "nena polo" de Portugal. María Isabel Quaresma Dos Santos, nada en 1979, foi atopada aos 9 anos encerrada nun galiñeiro en Tábua (Distrito de Coimbra), Portugal.
A súa nai, que padecía graves transtornos mentais, non a consideraba parte da familia e encerrouna aos poucos meses nun galiñeiro onde pasaría practicamente toda a súa infancia.

- Neno ruso criado por paxaros. En 2008, un neno de 7 anos foi atopado nun pequeno apartamento abandonado rodrado de paxaros. A súa nai nunca lle falou e dende o seu nacemento tratouno como unha mascota.
Cando foi recollido, era incapaz de comunicarse e só emitía chíos mentres movía os brazos como se foran ás.

- O neno que se criou por cabras. En 2012, un neno salvaxe e desnutrido, foi atopado vivindo nunha habitación rodeado de cabras na rexión de Rostov (Rusia). A súa nai, manteu a Sasha de 2 anos, recluído dende que naceu no establo. O rapaz non aprendera a falar, comer ou usar o baño.
O neno é un terzo máis pequeno que un neno da súa idade. Cando o rescataron estaba moi asustado dos adultos. Foi transladado a un centro de menores onde se negaba a durmir nun berce, tirándose a durmir no chan.

- Nena criada por cans. No 2009 atopouse en Chita (Siberia), a unha pequena nena salvaxe de 5 anos. Cando a recolleron, Natasha, camiñaba a catro patas, bebía auga coa lingua e comunicábase a través de ladridos e xemidos ao igual ca un can.
Os seus pais foron detidos por neglixencia e abandono, xa que levaban máis de dous anos sen facerse cargo da nena.

- Marcos Rodríguez Pantoja, o home que viviu durante once anos na Serra Morena con lobos. Hoxe en día ten 71 anos e reside na aldea de Rante (Ourense).

Entrevista a Marcos Rodríguez:
Tamén podedes ver o filme Entrelobos, baseado na súa historia real.

Espero que este tema vos fose interesante.
Vémonos, un saúdo.👋
Miriam Antelo Miguéns
No hay comentarios:
Publicar un comentario