Detrás del Muro, de Isabelle Carrier
Hola piña! Quería compartir este conto que lin o ano pasado e me pareceu moi interesante para contarlle ás pequenas e pequenos.
É un álbum ilustrado que trata a ausencia dun pai na familia. O narrador, o protagonista, é o fillo maior. Bota moito de menos a seu papá, e o longo do conto vamos vendo todo o que facían xuntos e que xa non poden facer.
Sabemos que algo pasa con seu pai, pero non sabemos o que ata o final, entón desvelanos que este se atopa no cárcere.
Ten unhas ilustracións moi sinxelas e un texto curto, pero a historia é dura e moi profunda. A autora do conto trata o tema dunha maneira moi sensible e con moita delicadeza.
Este conto está indicado para nenas e nenos de 7 ou 8 anos, pero dependendo de como o narremos podemos simplificalo e usar recursos como a expresión para acompañala historia e o poidan entender perfectamente con menos idade.
Hai diversos temas que forman parte da nosa vida, coma a morte, o divorcio...etc que temos que abordar cos máis pequenos e pequenas de maneira natural e non como algo taboo para que o día de maña o poidan afrontar, e facerlles ver que non por ter unha situación diferente son peores, senon que todos e todas temos as nosas circuntancias.
Tamara Freire Bargo
No hay comentarios:
Publicar un comentario