Comparto esta canción que a min persoalmente gústame moito, xa que como ben di o título "Heal the world" (curar ó mundo). A mensaxe que transmite esta canción é que todo o mundo ten que desprender alegría e que ninguén ten que sufrir, neste caso todos os nenos/as xa que deben vivir felices e poder ter unha infancia de cousas boas e de aprendizaxes para que pouco a pouco poidan ir construíndo o de ser un mesmo. Todos os nenos/as son iguais. Da igual a raza, o idioma, a posición económica... porque todos son iguais, e todos teñen os mesmos dereitos xa que o máis importante é o afecto que reciben porque grazas a eso van a ter un crecemento feliz e a non sentir medo as diferentes situacións que a vida pon a proba xa que se teñen que sentir protexidos. Neste mundo é importante axudarse uns a outros, porque se axudas ti tamén terás a túa recompensa. Simplemente hai que facer un mundo feliz para que a sociedade sexan menos cobizosos e máis humanos. É importante que todos/as aprendamos uns dos outros, xa que na infancia a mellor aprendizaxe e a da sociedade adulta, por eso fagamos que os nenos/as sexan felices e reciban todo o cariño que merecen.
https://www.youtube.com/watch?v=BWf-eARnf6U


ZAIRA IGLESIAS GARCÍA
No hay comentarios:
Publicar un comentario